Obradoiro artesán · Ribadumia, Pontevedra

Vidreiras que alumean
e enriquecen espazos

Deseño e manufactura de vidreiras emplomadas, restauración de patrimonio artístico e proxectos decorativos a medida dende 2010.

Sobre nós

Un obradoiro artesán de vidreiras

As vidreiras non só embelecen, senón que tamén enriquecen o ambiente e fomentan unha conexión emocional co espazo.

A miúdo podemos comprobar como, incluso nas vidreiras máis simples, a luz que atravesa os vidros produce un baile perpetuo de brillos e cores que revela o esplendor oculto da vida cotiá.

Algunhas vidreiras históricas forman parte do patrimonio artístico e cultural, e colaboramos na súa restauración e conservación coa máxima fidelidade ao orixinal.

+14
Anos de experiencia
785
Rexistro Artesanía Galicia
S.Coop
Cooperativa galega
Taller de vidreiras Anacos de Vidro
O que facemos

Servizos especializados

Dende a vidreira residencial ata a restauración de patrimonio histórico-artístico, cada proxecto é único e realizado con materiais de primeira calidade.

Vidreiras emplomadas residenciais
01
Vidreiras Residenciais
Deseño e manufactura de vidreiras para pechamentos exteriores, interiores, claraboias e mobiliario.
Restauración de vidreiras históricas
02
Restauración
Especialistas na restauración e conservación de vidreiras histórico-artísticas con fidelidade ao orixinal.
Simulación deseño porta con vidreiras Detalle manufactura gluechip rombo
03
B2B Deseño e Manufactura
Fabricación de vidreiras e outros vidros según catálogo de cliente e simulación realista para desenvolvemento de novos prototipos e luces laterais ou superiores a xogo coas portas.
Colaboración con artistas
04
Colaboración Artistas
Se tes un proxecto para facer en vidro, colaboramos no asesoramento técnico e na manufactura.
Proxectos realizados

Galería de traballos

Cada peza é única. Aquí tes unha mostra do noso traballo — dende vidreiras emplomadas de deseño propio ata restauracións de patrimonio cultural.

Vidriera mariposas
Vitrofusión velero
Arenado decorativo ducha
Vidriera floral en obra
Pavo real emplomado interior
Interior do obradoiro Anacos de Vidro
O proceso

Como traballamos

Cada vidreira pasa por un proceso artesanal coidadoso, dende o deseño inicial ata a instalación final.

Síguenos

Atópanos
nas redes sociais

Non te perdas as próximas publicacións dos nosos traballos e proxectos en Instagram e Facebook.

Contacto

Fala con nós

¿Tes un proxecto en mente? Pídenos orzamento sen compromiso.

✓ Mensaxe enviada. Contactarémoste en breve.